«O cannabis ten uso agrícola e industrial descoñecidos»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

O grupo de consumo Tarabela de Lalín promoveu unha charla sobre o cultivo desta planta, permitido en Europa

19 sep 2014 . Actualizado a las 07:01 h.

Ramón Servia, socio da Cooperativa Cannaliza, falou onte no casino lalinense sobre os usos do cannabis nunha charla promovida dende o grupo de consumo Tarabela da vila.

-Unha planta que se empregou con fins medicinais ao longo de moitos anos e que logo se prohibiu e restrinxiu o seu consumo en moitos países...

-O primeiro documento escrito sobre o uso do cannabis penso que data do 5.000 antes de Cristo; era da cultura china e xa se refería o uso do cannabis para aliviar o reuma. O cannabis ten uso agrícola e industrial descoñecidos. Unha cousa é a planta coas súas aplicacións medicinais e outra as posibilidades agrícolas ou textís que posúe.

-Cannaliza é unha asociación de xente interesada no cultivo e aproveitamento desta planta. Nos xuntamos un grupo de xente interesada neste produto para apoiarnos e tentar sacarlle tamén o estigma que ten a planta e que pode ser unha solución á xente do rural que ten fincas, non traballa, e pode sacarlle un rendemento e eu persoalmente comecei a plantar fai un par de anos. Salientar que en Europa se permite o cultivo de certas variedades certificadas que non xeneran PHC, que é a sustancia psicoactiva, para usos agrícolas e industriais. A produción de semilla serve para alimentación e a fibra para téxtil; e en países europeos como Francia ou Holanda está a ser unha industria potente. Están transformando o produto e elaboran mesmo pezas para os coches. Aquí temos que arrancar e para elo, o primeiro, é informar sobre eses outros usos do cannabis. Nós o uso que facemos da planta en Cannaliza é fundamentalmente o do grao: o cañamón que é un alimento moi completo. É un superalimento. Tamén traballamos a produción de fibra.

-¿Que extensión de terreo teñen plantado?

-Como cooperativa contamos actualmente con dúas hectáreas ao que hai que sumarlle as colaboracións que mantemos con outra xente polo que, en total, podemos estar falando dunhas sete hectáreas.

-¿Se pode plantar sin ningún problema de tipo legal?

-O ministerio só esixe que se planten semillas certificadas. De todos os xeitos, e co gallo de que non xurdan problemas como foi o caso nalgúns puntos da xeografía galega, é recomendable facer un escrito e presentalo no concello, na policía local e na garda civil informando de que se vai proceder á plantación de cáñamo industrial en tal ou tal finca. Non é unha comunicación obrigatoria pero é para que a non haxa problemas; polo que dixen antes: hai descoñecemento e estamos ante ese estigma de planta prohibida. É unha mágoa xa que é coma o porco, pero no mundo vexetal, xa que se lle aproveita todo.

ramón servia socio da cooperativa cannaliza