Doade leva quince años mallando

P. V. LALÍN / LA VOZ

DEZA

rober amado

A parroquia lalinense reviviu a técnica desta labor agrario con gran seguimento

31 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

«Eu quero mallar», insistiu Elisa, de Mos, cando veu aos oito homes desgranar o centeo a paus con males (pau con cabezal móbil para golpear os mollos). «Eu sei», insistiu. E entrou, moi disposta cos seus 85 anos, no segundo turno, co ímpeto de seguir petando cando pararan os homes. Tivo recoñecemento xeral na festa etnográfica da Casa do Patrón, en Codeseda, na malla de Doade.

Elisa como símbolo

E, de paso, simbolizou moitas cousas. E unha festa participativa. Tamén aberta, que mete xente coma neste cas da costa, preto de Vigo. E, mostra como a xente que mira o ritual, que xa repite a Casa do Patrón por quince anos, interesa e enche as cabezas de recordos. Cada quen ubícase na súa época. A malla é completa, recupera todas as formas e todos os equipamentos da historia. Hai malla pedra, que saca o gran golpeando os mollos contra un penedo; a dos males, que peta o pau nos mollos; e a das máquinas que foron evolucionando en motores simples e máis complexos ata o tractor. Aí párase a etnografía en Doade porque o actual xa é que o equipo vai a leira e sega, malla, limpa e separa gran e palla.

Cada quen ubícase no que coñeceu oense hai puristas. Un veu un fallo, un mollo que non encabezaba con outro gran con gran que é o xeito de facelo. Moitos viviron o proceso pero un veciño pregaba porque aprendan os nenos para que perviva. Pero ata os nenos quedan implicados. Una señora meteu ó pequeno entre os mollos dunha meda e fotografouno.

Ducias de veciños de Codeseda, Doade, e apoios exteriores como Cercio, desenvolven os traballos que collen esplendor máximo cando entra a malladoira en acción. Antes houbera unha exhibición de motores antigos, varios restaurados por Maximino Míguez e un por Antonio Álvarez que mostra que o movemento enerxético actual entorno á biomasa estaba dominado fai un século. Alimentase só de leña de pino.

Amaño de malladeira momento

E non fallou. A avaría estivo na malladeira. Un paisano puxo sensatez no seu grupo: «Tamén paraban cando era de verdade e amañábanse». Os promotores do festexo tardaron pouco en recolocar un tablón. Uns axustes, un martelo e una punta de cango, e deixaron a máquina coma nova. E volveu a marabunta, o po e as partículas de palla impregnando ar, actores e visitantes, mentras as mulleres e nenos dan mollos e recollen o gran e os hombres atenden máquinas, recollen palla e fan palleiro.

A malla ten o habitual respaldo do director xeral de Desenvolvemento rural, Antonio Crespo. Onte tamén estivo. E do secretario xeral de Unións Agrarias, Román Santalla, que tampouco faltou. Papel especial sempre ten José Crespo, o alcalde. Onte nunha segunda tanda, prendeu varias máquinas e meteu mollos na malladeira. seguramente de centeo e dunha meda que levaron os de Cercio para prepara palla para a súa carroza do próximo Cocido. O palleiro de Doade xa estaba feito e co carapucho de palla que ataran unhas mulleres.

Na eira de Codeseda, dáselle vida a apeiros do museo da Casa do Patrón. O Piraña, vocalista no acto, pideu un aplauso para quen posibilita que todo o visto: Manolo e Lola, os patróns da Casa do Patrón. E foi aplauso agradecido.