«O coche clásico americano non é mellor que o nacional»

Martín Losón / m. g. LALÍN / LA VOZ

DEZA

Víctor Grande, secretario da Escudería a O Toxo de Lalín con un ds coches expuestos.
Víctor Grande, secretario da Escudería a O Toxo de Lalín con un ds coches expuestos. rober amado< / span>

A escudería pon en marcha a 5º edición da mostra deste tipo de vehículos

31 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A Semana do Coche Clásico Lalín arrancou onte a súa quinta edición. A exposición estará no centro comercial Pontiñas ata o vindeiro día 7, no que se fará unha concentración-ruta ata o mosteiro de Aciveiro. Víctor Grande, o secretario da Escudería de Clásicos O Toxo, promotora do evento, explica os detalles da actividade.

-¿Que destacaría de esta exposición de coches clásicos?

-Destacaría que teremos unhos catorce coches, haberá entre outros un Ford Mustang dos anos 60, un Austin dos anos 30, un Mini Cooper 1300, un Seat 600 D. Ademáis haberá unha colección de motos que traerá Maximino Míguez e que tamén será moi interesante. E a destacar tamén é que a maioría dos coches da exposición son de socios.

-¿Ten moita dificultade encontrar as pezas para a restauración dun coche cásico?

-Depende do coche que teñas, se é nacional tipo Seat, non tés moito problema, sobretodo nos dos anos 70. Todo o que sexa coche estranxeiro como o Ford Mustang, Austin, MG, xa costan un pouco máis. E se te vas a coche de preguerra é moito máis complicado, tés que tirar un pouco de especialistas para conseguir esas pezas. Sempre se intentan buscar as pezas aquí pero se o coche se fixo en Francia vai ser máis fácil encontralas alí. A agora con Internet é algo máis doado.

-¿Canto acostuma durar o traballo de restauración dun coche clásico?

-Tamén depende de moitos factores, do coche, das pezas, do tempo que lle adiques... Normalmente o que máis alarga e fai máis costosa a restauración é non ter pezas. Hai restauracións de seis meses porque o coche está impecable e hai outros de 10 anos porque non se atopan pezas e hai moito que restaurar.

-¿Trala restauración o coche pon moitos problemas á hora de pasar a ITV?

- Como un turismo normal, ou incluso mellor porque sempre os tes ao día, funcionando perfectamente. Ademáis, os que teñen placa histórica pasan a ITV cada 4 ou 5 anos, hai determinadas probas mecánicas que xa non as ten que facer como rodillo de amortiguación ou proba de gases.

-O Ford Mustang cumple agora o seu 50 aniversario, ¿os aficionados de aquí valoran máis ese tipo de coches ou prefiren o nacional?

-O Ford Mustang o que ten é que chama moito a atención. A valoración creo eu que vai por edades, aqueles coches que viron e que competían un pouco no tema deportivo daquela época son cos que máis se quedan. Evidentemente todos os coches americanos que pasan por aquí chaman a atención, pero bueno é cuestión de gustos. Nin o americano é mellor que o nacional, nin ao contrario.

-¿Hai algún novo proxecto dentro da Escudería?

-Por agora o de sempre. A Escudaría O Toxo gústalle á xente porque todos os anos ten 5 eventos, este é o máis grande. O seguinte será un magosto para os 130 socios que somos.

Victor Grande SecretARIO DA eSCUDERÍA cLÁSICOS o tOXO