«O téxtil ten futuro pero precisa de axudas»

La Voz

DEZA

27 jul 2014 . Actualizado a las 08:00 h.

Mari Romero lembra aquel voo solitario no que era preciso buscar carga de traballo para a cooperativa.

-O primeiro foi tentar introducirnos noutras fábricas; e a verdade o feito de que traballáramos para Montoto nos abriu moitas portas. Foi a nosa carta de presentación. Logo veu a búsqueda de novos nichos de mercado e fomos entrando en empresas galegas que estaban pola comunidade, máis ou menos preto, e as de fóra se puxeron elas directamente en contacto con nós. Cando menciono firmas de fóra fago referencia a empresas españolas de Madrid, Barcelona... Tivemos sorte de que nos contactaran, de que apostaran polo noso traballo xa que daquelas a luz que estabamos a ver era incerta.

-E a cooperativa sofre variacións...

-Claro. Prodúcense cambios tamén a nivel cooperativo. Pasamos de ser unha cooperativa de socias a continuar sendóa pero con chegada dalgunhas operarias asalariadas. Na actualidade entre cooperativistas e asalariadas penso que estamos a rondar a vintena de empregadas. Somos mulleres todas da comarca, xente profesional vencellada ao sector téxtil e cunha media de idade que está rondando os corenta anos. A verdade é que é unha plantilla moi profesional.

-Malia a complexa situación que se está a vivir a nivel de emprego, ¿cre que o téxtil ten futuro?

-Penso que é un sector con futuro pero precisa de axudas. Non sei de quen depende o de otorgalas pero na actualidade non hai ningún tipo de apoio. Se se botase unha man estou convencida de que se poderían aperturar máis cooperativas e traballo hai. Persoalmente podo decir que notei a crise a nivel de prezos pero non a nivel traballo. Ao igual que se promoven cursos de canteiría ou de xardiñeiría, ¿por que non se organizan cursos vencellados ao sector textil e non se aproveita a magnífica e cualquificada man de obra que temos na zona? Do que estou segura é de que a xente está moi ben preparada. Só hai que abrirlle a porta e brindarlle unha oportunidade. Persoalmente me gustaría ampliar máis a cooperativa pero un dos motivos que me couta é a falta de espazo físico. Non temos máis sitio.