Inserta busca a inserción laboral de quince estradenses

Montse garcía A Estrada / la Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

A actividade, que desenvolverá Enrólate, levarase a cabo dende agosto ata outubro e o plazo para anotarse abre o luns

25 jul 2014 . Actualizado a las 08:00 h.

O vindeiro luns día 28 comezará a selección dos alumnos para o proxecto Inserta que desenvolverá a asociación Enrólate de A Estrada a través dunha axuda da Deputación. Este programa ten como obxectivo a formación para a inserción laboral de persoas desempregadas en risco de exclusión social, con minusvalías, perceptoras de presentación ou subsidios de desemprego e pertencentes a colectivos sinalados como prioritarios, como poden ser os parados de longa duración, mulleres e mozos.

Onte, representantes da asociación, Belén San Martín (presidenta), Raquel Rey (secretaria) e Silvia Becerra (tesoureira), acompañadas da concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, presentaron a actividade. Así, tras a selección dos participantes, farán unha visita a empresas para ver qué necesidades teñen para despois elaborar un perfil axeitado, e por último, un diagnóstico ocupacional, para determinar a cualificación profesional na que alumno pode traballar en función dos intereses e formación, que se realizará do 11 ao 14 de agosto. A partir de aí, contarán con titorías individualizadas ata o peche do programa en outubro. Os participantes acudirán a tres talleres, un de habilidades comunicativas, outro de técnica de procura de emprego e un de introdución ao autoemprego, que se desenvolverán ao longo de agosto. Os interesados en participar no plan Inserta poden anotarse ata o 8 de agosto de 9.30 a 13.30 nas instalacións de Enrólate na rúa Castelao.

Raquel Rey, da asociación que desenvolverá o programa, destacou que outros cursos que xa mantiveron encamiñados a orientar na búsqueda de emprego obtiveron bos resultados, logrando emprego en algúns casos ata a metade dos participantes. «O principal para atopar un posto é que a persoa esté segura de si mesma, que ten unhas capacidades», asegurou Rey. Pola súa banda, a concelleira de Educación, Amalia Goldar, destacou a importancia de «apoiar iniciativas que axudan a paliar do desemprego» e animou á xente a participar. Desde Enrólate aludiron a posibilidade dunha nova convocatoria deste programa en outubro.