Luma Gómez trae a Lalín o venres a montaxe «A tixola polo mango»

lalín / la voz

DEZA

Luma Gómez ?dereita? departe na presentación con Marisa Álvarez.
Luma Gómez ?dereita? departe na presentación con Marisa Álvarez.

09 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O Salón Teatro de Lalín acollerá o venres, ás 21.30 horas, o monólogo humorístico «A tixola polo mango ?Muller, non é para tanto?», coa actriz Luma Gómez como protagonista. Trátase das reflexións que fai unha muller, unha señora da súa casa, mentras cociña, e vai contando ao público episodios da súa vida, e da súa relación co seu home e co seu pai: «Con moito humor, é claramente unha comedia con sorpresa final, pero con cargas de profundidade polo medio, sbore os homes», comentaba onte Luma Gómez na presentación. O espectáculo xurdiu como un monólogo para o festival Alt de Vigo, con texto de Lola Correa, pero «logo foise agrandando» ata a montaxe actual que dura uns 70 minutos, explicaba o director Eduardo Alonso.

Fixéronse representancións en toda Galicia, e tamén en Zaragoza, a onde voltará en vindeiras datas, ao igual que a Sevilla, en versión castelán. A obra xoga cos olores, porque o que se cociña é real, ata o punto de que o propio público poderá probar o cociñado pola protagonista, que aseguraba onte que «a comida está boa». Acompasar o ritmo dos textos cos da propia cociña supón unha dificultade engadida para a actriz, que promete interacción co público. O prezo das entradas é de 5 euros, con 3 para os estudantes.