«Trataremos de recuperar aos que se mostraron descontentos»

P. V. LALÍN / LA VOZ

DEZA

Rober Amado

«Tejo aceptou colaborar e vai ter papel relevante na nova executiva»

08 abr 2014 . Actualizado a las 08:05 h.

José Luis Espiño Espantoso superou con éxito o primeiro congreso do PP silledense desde o ano 1996. Sae como máximo responsable do aparato, situando a un equipo propio e disposto a pisar casa a casa o territorio para recuperar a hexemonía que lle quitou o PSOE. Tamén ten como reto reunir á familia popular dispersa en moitos pedazos. Pero o propio congreso deixa algunhas dúbidas nese capítulo que o tempo deberá situar no seu xusto lugar. No congreso nin estivo Fernández (Roucho) nin Pena (Toxa). O comité ábrese en algún nome a esquerda e noutro ao PP histórico, aínda que sen contacto coa etapa Roucho e a da moción.

-Dezaoito anos sen congreso. ¿Satisfeito?

-A xente respondeu de marabilla, militantes, afiliados e tódolos compañeiros de partido.

-¿Notou o respaldo do partido máis alá da presencia física?

-Sí.

-O reto é derrotar ao PSOE...

-Con este equipo ímolo a intentar é o obxectivo número un e apostei por xente forte.

-Co seu comité manda varias mensaxes. Unha é que non se reflexa en ninguén da etapa de Roucho, nin na da moción.

-Somos alleos a moción, xa houbera reaxuste nas eleccións.... Eu o que quería era renovar. Non teño nada contra a etapa de Roucho pero todo o que había era desa etapa. Fago unha renovación pero sigo contando con todo o mundo, saen do comité pero conto con eles.

-¿Invitou a Fernández?

-Chameino uns días antes, declinou vir por razóns persoais.

-E con José Antonio Pena (Toxa), ¿fallou a comunicación?

-Na última reunión da xunta local para preparar o congreso xa non acudiu, creo que se molestou por non chamalo.

-¿Non teme alimentar fracturas internas? ¿É posible a unidade no PP de Silleda?

-Non, máis ben todo o contrario. Eu espero que haxa unidade. Sei que custará traballo pero creo na unidade do PP. Estamos contando con todo o mundo.

-¿Nesa liña recupera históricos como Tejo? ¿Resérvalle algún papel?

-Estaba habendo moitas familias no PP e estou tratando de aglutinalas todas. Ofrecinllo, quixo colaborar e ¡perfecto! Tejo vai ter un papel relevante.

-¿Tamén inclúe xente que estivo no Bloque?

-Unha persoa, sí, pero leva tempo fóra do Bloque. Tivo conexión pero xa non participaba. A vida da moitas voltas...

-Chegou ao primeiro trampolín para aspirar á alcaldía ...

-Vamos a ir paso a paso, toca nomear postos no comité, organizarnos, ir polas parroquias.

-Pero o reto persoal da alcaldía está máis despexado.

-Antes era portavoz pero traballaba con xente que non era a miña, agora sí temos camiño aberto.

-Pero ¿vostede postúlase para aspirar á alcadía?

-Sí.

-¿Que estratexia lle vai marcar ao partido?

-Vai haber que traballar pisando lama, intentar aglutinar e recuperar a toda a xente que nalgún momento se mostrou descontenta. Imos tratar de que sexa posible.

José Luis Espiño Espantoso Presidente do PP de Silleda no congreso d0 sábado

«É certo que no comité hai unha persoa que tivo conexión co BNG, a vida da voltas»

«A xente da etapa de Roucho sae do comité pero conto con eles, creo na unidade do PP»