Patrocinado porPatrocinado por

Agolada consolídase como meca do consumo saudable

Rocío García Martínez
rocío garcía LALÍN / LA VOZ

AGRICULTURA

29 oct 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

A segunda edición da Feira na Eira -organizada polo centro de educación medioambientall Eira da Xoana- consolidou onte a Ramil (Agolada) como meca do consumo responsable. Medio cento de postos de venda de produtos ecolóxicos, naturales e artesanales arrastraron á localidade a compradores de toda a contorna. O mel tivo un papel protagonista. Unha mesa redonda destacou o papel da apicultura como actividade favorecedora da polinización e da producción de horta e froita autóctona. Unha cata de distintos meles da dorsal galega amosou os efectos da vexetación zonal no sabor e na cor. Os obradoiros de cestería e oleiría e as máquinas de coser antigas chamaron a atención dos visitantes.

Os organizadores confirmaron o éxito da feira, que os anima a consolidar dúas citas anuais no calendario.