Oportunidade para a experiencia máxica aCadaCanto+Carboeiro

P. V. LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Guillerme Fernández, Guadi Galego, Matías Rodríguez e Xabier Díaz presentaron onte o concerto.
Guillerme Fernández, Guadi Galego, Matías Rodríguez e Xabier Díaz presentaron onte o concerto. m. souto< / span>

O escenario único do mosteiro e o ensamblaxe do cuarteto sitúan o concerto do 31 en Silleda «no mellor momento»

23 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Dáse a conxuntura perfecta o día 31 ás 21.30 horas para unha experiencia máxica, cultural, artística. O cuarteto que conforman Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero en aCadaCanto conxuga unha traxectoria musical de primeira orde na música galega por confluencias o longo da historia en proxectos tan sólidos como Berrogüeto, Espido ou Nova Galega de Danza. Silleda pon un mosteiro de primeira orde como escenario, e o edil de Cultura, Matías Rodríguez da Torre promoveuno ao ver que facer confluír ambos cubre dous obxectivos que persigue o seu departamento: «expandir Carboeiro e xunguilo coa cultura propia tentando de facer un cóctel máxico, nunha aposta por ofrecer cultura de calidade e alternativa a opcións turísticas de outras zonas».

Implicación profesional

Os compoñentes de aCadaCanto (salvo Romero) presentaron proxecto e concerto, onte na Casa da Cultura de Silleda, mostrando gran implicación no mesmo. Concédenlle ao concerto de Carboeiro simboloxía, contido, sensacións e valores especiais e distintos a calquera outro dos que ofreceron. «É un concerto especial nun marco incomparable», di Guillerme Fernández. «É algo distinto, exclusivo, propio para disfrutar» dos contidos do disco de aCadaCanto «de acento existencialista», explica Guadi Galego, quen asegura que se trata dunha «oportunidade das máis bonitas para velo que facemos, e haber se a xente conecta con nós».

Xabier Díaz asegura que o concerto «chega a Carboeiro no mellor momento» e xustificouno sinalando que o grupo xa se ensamblou moito nos concertos previos e «xa empezamos a ver esa chama que as veces nos incendia a nós mesmos e nos provoca momentos de emoción». E engade que o escenario incide tanto no grupo como nos asistentes porque son un acordeón, unha guitarra e dúas voces, hai un clima especial e «silencios marabillosos». Pedra, música e silencios. Todo levará ó intimismo, a espiritualidade, a maxia; a outra variable de concerto sen cochiños, cervexa e banalización, reflexionan.

O 31 en Carboeiro dáse a confluencia de pedra e música e maxia que trasladan á emoción.