Helena Salgueiro, de 16 anos, gaña o premio literario Avelina Valladares

Montse García Iglesias
Montse garcía A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

O xurado reuniuse onte en A Estrada para elixir o gañador entre máis de 30 traballos.
O xurado reuniuse onte en A Estrada para elixir o gañador entre máis de 30 traballos. marcos míguez< / span>

O poemario «Intermitencia da cidade» foi elixido por unanimidade

19 jul 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O poemario Intermitencia da cidade de Helena Salgueiro Golán foi elixido onte como o gañador da 16ª edición do Premio de Poesía Avelina Valladares convocado por lo Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares. O xurado, conformado por Antía Otero, Andrea Porto, Xosé Luna e Dolores Araujo, como secretaria, elixiu por unanimidade a obra desta xoven de Santiago de 16 anos.

O xurado destacou da obra presentada baixo o pseudónimo de Estadio que a nivel construtivo «está confeccionado a base de imaxes propias, artellando un discurso de temática amorosa sen caer nos tópicos e abrindo dende ela un abano a outros temas que reflicten unha visión particular da vida». Destacaron, ademais, que non estaba organizado de xeito tradicional senón como un monólogo.

O concelleiro de Cultura de A Estrada, Juan Constenla, foi o encargado de abrir o sobre que desvelaba o nome da gañadora que se escondía baixo «Estadio» e de darlle a nova a Helena Salgueiro. A sorpresa foi pola súa idade, tan só 16 anos, que apuntan podería ser a máis nova en gañalo na categoría de adultos. Presentáronse máis dunha trintena de traballos. Agora, a gañadora vai ser a pregoeira da próxima edición da Festa da Poesía, prevista para setembro-outubro, ademais os poemas serán publicados por Edicións Fervenza coa colaboración do Concello..