Unir esforzos contra os malos tratos á muller nun blogue dunha biblioteca virtual


Os profesores dezaos Gracia Santorum e Anxo Fernández acaban de pór en marcha un blogue dunha biblioteca virtual, despois de ollar unha reportaxe na televisión galega sobre a comunidade virtual das Bibliotecas Escolares Galegas, no que se salientaba que Galicia é a comunidade con máis blogues de España.

Dende o blogue http://trafegandoronseis.blogspot.com estanse a unir esforzos para denunciar os malos tratos ás mulleres. A iniciativa colleu corpo e a comunidade blogueira educativa sumouse á idea, polo que mañán todos os blogs das Bibliotecas Escolares Galegas berrarán ao unísono Non á violencia contra a mulller e para elo colgarase un mesmo vídeo en todis os blogs.

A defensa dos valores sociais e dos dereitos humanos é a principal característica do blogue de Fernández e Santorum, e así llelo recoñeceron bogs doutros rincóns de España. Cuestión do que os autores deste traballo se senten orgullosos, e mesmo pretenden pór unha área na educación do seu alumnado con esta iniciativa e tratar aquelas cuestións que -por falta de tempo- non se poden analizar nas aulas. Música, lectura, arte, desigualdades sociais son algúns dos temas que se abordan nesta blogue, no que tampouco falta o humor. O éxito desta iniciativa reflíctese na recente creación dun club de lectura virtual onde os alumnos poden reflexionar sobre o que len, e mesmo poden convidar aos compañeiros a adentrarse nos mundos literarios.

Votación
1 votos
Etiquetas
Malos tratos