Fondevila, único galego en «Artistas. Guía de pintura»

Amelia Ferreiroa LALÍN

DEZA

Crónica | La pintura a la vista O pintor silledense está seleccionado para participar no cuarto Salón Internacional de Artes Plásticas de Gerona e expón nunha colectiva, que organiza Plecs D¿Art

07 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Fondevila non para. Proba delo é a súa participación en numerosos certames e salóns de artes plásticas que se celebran fóra de Galicia. Tempo tén tamén para amosar a súa obra en Concellos galegos e para que a súa creatividade se vexa reflictida en varias publicacións. A última é o libro Artistas. Guía de Pintura. 2006-2007 , que editou a Galería Cebriart de Barcelona e no que figuran 39 artistas, sendo o silledense José Antonio Fondevila o único galego que figura no mesmo. Ao longo de seis páxinas o lector pode contemplar obras do artista tales como Ansias de llegar , Mundos de ambición , Dos caras de la noche , La personalidad del espantajo ou Diálogo con las flores ademais dun percorrido literario da súa obra; realizado por Francisco Pablos, e que se pode ler en castelán, catalán e inglés. De José Antonio Fondevila di Pablos que é «un gran mentiroso que dice verdades enormes a quien con él quiera tocar su peculiar melodía, que deja en el espacio retazos de siluetas, rugosidades, huellas imprecisables. Pintura, pues, que partiendo de la anécdota, alcanza la categoría de perdurable. Y es que, además, pintura bien hecha, sabiamente elaborada. La de un artista que ama lo que pinta». Unha publicación na que se recollen algunhas das moitas exposicións realizadas polo artista nestos últimos anos, aínda que neste caso só aparecen algunhas dende o ano 2003: a colectiva itinerante a favor dos afectados pola marea negra, outra colectiva en Valdeorras, no castelo de Soutomaior na mostra Artistas de Deza , na Feria de Arte y Decoración da Semana Verde de Galicia ou as ilustracións que realizou para o libro de poemas de Mari Carmen Gago Florenti titulado Vientos del Alma . Por outra banda, Fondevila foi seleccionado para a cuarta edición do Salón Internacional de Artes Plásticas, que organiza Ediciones Ecuador e o Ajuntament de St. Jaume de Llierca. Mesmo a obra do artista silledense que está presente neste salón continúa en Barcelona ate o vindeiro mes de setembro para logo tomar parte xa en outros certames. Está a participar tamén nunha colectiva que organiza a Galería Plecs D¿Art de Barcelona con motivo da presentación do libro titulado Guía de Arte 05 , no que tamén está representado o artista dezao que nestes últimos tempos está a acadar importantes éxitos. Recente é tamén a súa presenza no Premio de Pintura Antón Rivas Briones, que convoca todos os anos o Concello de Vilagarcía de Arousa.