A PÉ DE RÚA «De maior quero ser presentador de televisión e xornalista»

La Voz R. R. |LALÍN

DEZA

ESTUDANTE

07 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?oé Castro Mosquera ten doce anos, é de Monterroso e estuda sexto de Primaria no colexio de Agolada. O derradeiro sábado recolleu na festa de Voz Natura o terceiro premio oa Mellor Xornalista Infantil convocado por La Voz. No seu colexio din que se pasou a festa dicíndolle a Carlos Blanco, o presentador, que de maior lle iba a quitalo posto. -¿De maior non querras ser xornalista? -Sí, e presentador de televisión. -Os presentadores as veces só len os guións. -Pero eu podería escribilos tamén, non habería problema. -¿Qué o que máis che gusta? -Escribir, sobre todo noticias de deportes, mellor si son relacionadas có fútbol, as matemáticas, debuxar. En Entre nós xa gañei un premio de contacontos e seguirei presentándome. -¿De qué equipo eres? -Do Real Madrid, e os que máis me gustan son Raúl e Casillas. -¿Qué che di a túa familia cando dices que queres ser xornalista? -Dinme que hai que estudar moito, pero eu son bo estudante. A unha tía miña gústalle moito ler libros e escribir e me aficionou. -¿Qué tal en Voz Natura? -Paseino de marabilla, aquelo foi impresionante, había hinchables, de todo. Sentín que non puidera vir a miña profesora Teresa Sánchez, que me axudou moitísimo. A miña familia tamén me apoia sempre. -¿O gañar un premio lígase máis? ¿Fálanche máis as compañeiras? -Sí, agora como saín na prensa están sempre buscándome.