A PÉ DE RÚA «Vivín 4 anos na Brea e a miña explotación ten as raices en Basadre»

GANDEIRO E LÍDER SINDICAL

p. v. | lalín

Leandro Quintas potente gandeiro coa su Finca Rioseco de 256 hectáreas e 922.000 kilos de cuota láctea ven significándose desde fai anos pola sua acción gandeira profesional e vangardista e por presidir o sindicato USAG. Os seus 70 años mantén un ritmo que poucos siguen. Crítico da Administración e dos outros sindicatos, respóndelles a pregunta de cándo te xubilas con un cando acabe con vos ... Nacido en Santiso ten a explotación en Palas e conexións múltiples en Deza. - Meu abó era de Basadre (Agolada). As primerias fincas da miña explotación, en Palas, eran de propiedade de parientes de Agolada, lindantes. Foron a base que fun aumentando comprando o do lado, en catro anos, a 2.000 pesetas o ferrado. Era monte alonxado de casas máis de 5 km. Tireime o monte. Xa fai 33 anos. -¿Foi pioneiro en crear base territorial para producir leite e, agora, en pasar tanta producción a ecolóxico? - Para ser pioneiro hai que creer no que se fai. Pasar a ecolóxico é por dous motivos, por dar calidade ó consumidor e por sanear o medio ambiente do planeta. -¿Écoloxista? - Colaboro na miña finca e outros fano noutra parte do mundo. Colaboro con Greenpeace fai anos con una pequena cuota, se fora novo iría a parar barcos. -¿Creo que viveu na comarca? - Vivín catro anos na Brea, Fontao. Meus pais tiñan casa pola empresa da sminas onde traballaban. Ali naceron tres hirmáns meus. Eu fun para alí os 14 años. Os 17 funme cando vin que todo aquelo non era para min, silicosis incluida. Logo en Avilés comprendín que era necesario adquirir formación e fixen estudios de delineante mecánico.

403 Forbidden

Forbidden

You don't have permission to access /votacion/pixel_votos_responsive.php on this server.


Apache/2.2.22 (Debian) Server at www.lavozdegalicia.es Port 80
Etiquetas
Greenpeace Santiso Cuota láctea Agolada Comarca da Terra de Melide Comarca do Deza