«Somos un equipo de persoas que está disposto a escoitar e dar respostas»

La Voz R. R. | LALÍN

DEZA

Entrevista | José Luis Fernández Fafián O PP quere por en marcha un servizo de xantar na casa dirixido os maiores

11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

José Luis Fernández Fafián é o candidato máis novo á alcaldía de Rodeiro. Ten 35 anos ten unha experiencia de 12 anos como concelleiro, oito deles como tenente-alcalde. -E a primeira vez que encabeza unha lista, ¿como se leva iso? -Afronto o novo reto con ilusión renovada. Estou moi orgulloso do equipo que me acompaña. Somos un equipo de persoas que está disposta a escoitar e a dar respostas. -Tamén supón a marcha de Eliseo Diéguez. -Xa o dixen na presentación da candidatura. Poderá haber mellor político, mellor xestor, pero dificilmente haberá unha mellor persoa. -A lista supón unha gran renovación. -Nos postos de saída renovamos o 50%. Hai xente nova con dilatada experiencia no eido da loita sindical, do asociacionismo, ao que se une a miña experiencia ea de Luis López como ediles e a experiencia da vida que nos aportan os seguintes da lista. É unha lista moi paritaria. Levamos dúas mulleres novas en postos de saída. Unha é una responsable sindical e outra mestra. Van autónomos, gandeiros, amas de casa, xente representativa da realidade de Rodeiro. -¿Cal é o programa? -O máis importante, o desenvolvemento do chan industrial atraendo empresas a Rodeiro, a creación dunha industria de primeira transformación de produtos gandeiros, o centro de día. Loitaremos por un desenrolo do urbanismo que non podería ser posible sin contar cunha depuradora de augas residuais. O anteproxecto está feito dende o 2004, pero a actual Xunta non moveu un dedo. Tamén estaba xa presupostada a segunda fase do río, con unha partida de máis de 400.000 euros e dixeron agora que non era prioritario. Impulsaremos a concentración parcelaria para a que hai xa xestionada unha partida de 283.000 euros para planimetría e ortofotos. Temos un proxecto novedoso para a terceira idade que se chamará xantar na casa e consiste en preparar a comida, estamos pensando en usar o comedor escolar, e servila nas casas, coma unha especie de cátering. En canto a infancia, a nosa pretensión é que nestes catro anos o Concello de Rodeiro esté nos cinco primeiros postos en canto a axudas a natalidade. Abriremos a gardería todo o ano. -¿Qué outros proxectos teñen? -A miña ilusión é conseguir un concello que teña a ISO 14.000 en eficiencia enerxética e recollida e tratamento de residuos. Fomos os primeiros en ter enerxías renovables no colexio e no pavillón. Continuaremos coa recuperación do patrimonio creando unha rede de sendeiros integrada nunha rede europea, un campo de traballo para recuperar a vila romana de Fafián e temos xa partida para mercar a Tulla e a mámoa de Coto dos Mouros. -¿Qué necesita Rodeiro para crecer? -A base é proporcionarlle traballo a xente, aínda que a taxa de paro que temos é do 5%, pero hai xente que pasaría do sector primario o secundario ou o de servizos. A implantación de empresas atraería xente de fora e iso implica unha política de vivenda. Sería viable a construción de cen vivendas en Rodeiro, que se venderían sen problemas. Temos o compromiso de Xestur de construír vivendas sociais. Iso pasa pola aprobación definitiva do PXOM. -¿Que se fixo nestes catro anos? -Considero un logro moi importante sacar adiante o PXOM, poñer en disposición de levar adiante a concentración, a apertura de camiños e vías en todo o concello, a renovación do 80% das conducións de auga e as beirarrúas en Rodeiro e a Festa da Caza... -¿Qué opina da oposición? -É oposición, non é unha alternativa de goberno.