Continúa a pugna entre Lalín 2001 e River na liga de veteranos

La Voz LA VOZ | LALÍN/A ESTRADA

DEZA

09 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Nin River Silleda nin Lalín 2001 fallaron nos seus compromisos da pasada fin de semana na Liga de Veteranos. O Lalín gañou 4-2 ao San Roque, e segue liderando a Primeira A, seguido a un só punto polo River, que gañou 3-1 ao Barbanza. No grupo B, o Berres caeu na casa do Presidencia por 1-2 e baixa un posto, ata o noveno. Na Segunda de Veteranos, o Rodeiro non deu colleitado a vitoria na casa do Mareque, co que perdeu por 1-2, se ben mantén o cuarto posto da clasificación. Na Terceira División, os resultados dos encontros dos equipos da zona foron: Brión 1-0 Cercio; Lamela 0-2 Hamburguesería Verde; Grúas Lalín 16-1 Hierros Diego; Agolada 3-2 Symatec; Irmandade 3-1 Merza. A clasificación na Terceira División está: Agolada (4), Cercio (5), Hamburguesería Verde (6), Symatec (7), Lamel (8), Grúas Lalín (10), Merza (12), Hierros Diego (13). Liga de Pontevedra Na Liga de veteranos de Pontevedra, o Cillero Martínez Otero non se apea do liderato do grupo 3 logo de 32 xornadas desputadas. O conxunto de Tabeirós gañou 3-0 ao Monteporreiro, un resultado que serve para que o Cillero manteña o punto de diferencia co Bora. O que tamén sumou vitoria foi o Estradense, que gañou 3-1 ao Cambados, situándose no posto 13 da táboa.