Moure non poderá contar con Nando, sancionado, para o encontro contra o Arenteiro

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

12 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Suso Moure non poderá botar man de Nando para o encontro que desputará o Estradense o vindeiro domingo na casa do Arenteiro. O xogador, amonestado cun cartón amarelo o pasado domingo no partido contra o Barbadás, suma xa cinco cartóns amarelos, polo que deberá cumprir a sanción dun encontro sen xogar. Noutra orde de cousas, esta noite o Estradense celebra unha xunta extraordinaria de socios ás 20.30 horas en primeira convocatoria, e ás 21 en segunda. Será na sede da Asociación de Empresarios de A Estrada, e na orde do día recóllese a demisión do presidente, José López Vilariño, e a convocatoria de eleccións para a presidencia do Estradense.