Nova vitoria aplastante do C.X. F., 5-1 ante o Chantadino dos Grandes Mestres

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

21 ene 2015 . Actualizado a las 04:54 h.

A medio punto do líder, segundo tan só tras o Círculo Ferrolano A. O primeiro plantel do Club Xadrez Fontecarmoa, o Interrías Sanxenxo, vapuleou o sábado Chantadino X.A por 5-1. Idéntico resultado ao asinado polo equipo vilagarcián unha semana atrás en Padrón. Só que nesta ocasión ante un rival sobre o papel moito máis potente, ao congregar nas súas filas á maioría dos Grandes Mestres que residen en Galicia.

A cruz chegou da man dos dous representantes do C.X.F. na Primeira División. O Baños Print perdeu 2,5-1,5 na súa visita a Mercantil de Ribeira, e o C.X.F. Banco Mediolanum por idéntico resultado, pero en Vilagarcía, ante o Marquiño. O Baños Print é agora cuarto con 15 puntos, e o Banco Mediolanum noveno de doce con 10,5, co Breogán A do Grove penúltimo clasificado con 2.

Estes foron os resultados do C.X. Fontecarmoa nos diferentes grupos da Segunda División: Peleteiro 1-3 MacDonalds, Pub Musaraña 1,5-2,5 Xadrez Dorna, Peóns Dobrados 2-2 La Marina, Deportes Rodas 0-4 Enot, Tui 2-2 Casa da Xuventude, e Distribuciones Lete 3,5-0,5 Laroca Nigrán B.