«Los lamentos del técnico del Portonovo no me van», di o adestrador do Céltiga

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

04 nov 2014 . Actualizado a las 04:58 h.

Era o partido con maiúsculas da décima xornada de Liga da Preferente Sur. Un derbi entre o líder invito, o Portonovo, e o Céltiga, segundo clasificado e anfitrión do choque. Tres goles a balón parado fixaron o 2-1 definitivo co que o cadro illense recurtaba a diferenza na táboa clasificatoria co sanxenxino para deixala en 4 puntos. O partido, porén, pareceu prolongarse onte na valoración que 24 horas despois do choque facía o técnico do conxunto gañador do encontro de rivalidade.

Ramiro Sorbet considera que o seu Céltiga asinou un primeiro tempo no que «estuvimos muy bien, dominando tanto en defensa como en ataque», para protagonizar despois «una segunda mitad en la que sin estar acertados, acabamos 1-1 -o cadro illense adiantaráse antes do descanso no minuto 30 con gol de Javi-». Dito isto, recoñeceu que «le doy mucho valor a este resultado», pero máis que por chegar ante o líder, por facelo despois, sostén, de que «durante toda la semana por las declaraciones del técnico del Portonovo -Luis Oliveira- parecía que solo el Portonovo iba a jugar, y que nosotros éramos los invitados a la cena».

O titular do banquiño do Salvador Otero continúa coa crítica sinalando que «parece que nos arrollaron, y nosotros hicimos nuestro partido y ganamos. Una cosa es tener el balón, y otra disponer del control del juego. Sus lamentos y sus lloros -en referencia de novo ao preparador do Portonovo- no me van. Los partidos duran 90 minutos más el descuento».

Para finalizar co seu homólogo no Portonovo, Sorbet engadíu que «la prepotencia me parece descarada. Aquí todos trabajamos. Hay 19 entrenadores en la Liga que nos cambiaríamos por el del Portonovo, y él se queja de que le falta un jugador».

Tamén ve a palla no propio ollo

Pese á vitoria, Ramiro Sorbet quere deixar claro que tampouco está contento ao cento por cento co partido feito polo seu equipo o domingo: «Si queremos estar arriba tenemos que imponer nuestra identidad, y ayer ahí fuimos frágiles en la segunda parte. Cometimos errores».