Os meus relevos naturais

Gustavo César Veloso CICLISTA PROFESIONAL

FIRMAS

30 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Coñezo a Ángel e a David, ¡uff!, desde que tiñan dez ou doce anos. Saían cun grupo de cicloturistas de Vilagarcía cos que eu ía cando podía. Desde entón e ata agora vivín a súa evolución como ciclistas e como persoas. Son xente sana. Inda hoxe adestran comigo cando eles e eu podemos xuntarnos. Pódese dicir que son os meus pupilos. Síntome o seu padriño, e dentro do que podo, tento axudarlles. Son chavais aos que lles teño un gran aprezo. Coñézome toda a súa historia, ciclista e persoal. Considérome un amigo, ao que lle contan as súas historias. Son o relevo natural que debería ter eu. Ogallá poida ser así. Que cando eu o deixe, poida haber outro ciclista profesional arousán. David e Ángel teñen calidade. Agora, que lles siga a acompañar a cabeza. Pero o que lles aconsello sempre primeiro é que se centren nos estudos, porque vivir da bicicleta é complicado. Pasar a profesional é difícil, e gañarse o pan coa bicicleta inda máis.