«Agardo non ter máis percances, e poder sacar un once o domingo»

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

23 oct 2014 . Actualizado a las 04:56 h.

CD Ribadumia y Xuventú Sanxenxo coprotagonizarán el domingo en A Senra (16.45 horas) el derbi de la décima jornada de Tercera. Un choque de rivalidad entre dos recién ascendidos que han arrancado el campeonato disputándose el papel de equipo revelación, llegando a catar ya el sabor del liderato. Sin Suso Vidal ni Caneda, y la duda de Nel, el técnico del Sanxenxo, Pacho Oliveira, le endosa el papel de favorito a su vecino, incapaz de ganar hasta ahora en casa, y en cuadro por las bajas de Changui, Sylla y Bisti.

Gabi Leis prepara o derbi co seu plantel en cadro, e coa grande ausencia, todo apunta que por a lo menos un mes, do pichichi da Terceira, Changui. A súa preocupación, que non se lle torzan máis as cousas de aquí ao domingo.

-Ribadumia e Xuventú Sanxenxo, dous recén ascendidos, enfróntanse na décima xornada de Liga da Terceira oitavo e terceiro, e tras ter saboreado o liderado. ¿Quen o ía dicir?

-A verdade é que si. O Sanxenxo está a facer unha campaña extraordinaria. Está aí por méritos propios. Vai ser un rival moi complicado.

-¿Sorpréndelle este Sanxenxo?

-¡Home, eu creo que a todos! Un equipo recén ascendido, que cambiou moitos xogadores. Pero está a facer as cousas ben.

-¿Algo ou alguén que lle preocupe especialmente do seu rival?

-Non, non... non. A min o que me preocupa é o grupo en si. É un equipo que está a sacar uns resultados extraordinarios. Vai ser un partido complicadísimo para nós. E moi igualado.

-E a vostedes tócalles xogar na Senra, o campo no que o Ribadumia asina o peor balance como equipo local da Liga cun só punto de nove disputados...

-Ben. Pero tamén é certo que só xogamos tres partidos na casa. Un deles co Pontevedra, que é un partido no que parece normal que puideramos perder.

-Sen os seus dous puntais ofensivos, Changui e Sylla, nin un baluarte na medular coma Bisti, a cousa se lle complica máis ao Ribadumia este domingo, ¿non?

-Si. É indudable. Nun plantel súper curto coincidíu que os nosos dous xogadores ofensivos por dentro non os vou ter. Terei que tomar decisións, e facer o mellor once posible dentro das posibilidades que temos. É un hándicap. Co plantel que temos sabiamos que isto podía pasar, e pasou.

-¿Que partido debe facer o Ribadumia para gañar?

-Nós temos a filosofía moi clara. Somos un equipo ao que nos gusta ter o balón, dominador. E iso é o que imos tentar facer cos xogadores dispoñibles. Agardo non ter máis percances, e poder sacar un once. Agora -por onte- estamos traballando con doce xogadores de campo.

gabi leis adestrador do Cd ribadumia