«Non me esperaba a medalla e menos en 100 metros socorrista»

José Manuel Ferreiro Negreira
José M. Ferreiro CARBALLO / LA VOZ

DEPORTES

A cercedense Inés Barbeito, á dereita, no podio coa italiana Capeleti, primeira, e a australiana Elsa.
A cercedense Inés Barbeito, á dereita, no podio coa italiana Capeleti, primeira, e a australiana Elsa.

A deportista tiña postas as súas miras en 100 metros rescate con aletas

25 sep 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Inés barbeito gende nadadora del club Cerceda que competiu no mundial

Inés Barbeito Gende (A Baixa de Cerceda, 1996) conseguiu a primeira medalla nun mundial de salvamento e socorrismo para Galicia. A deportista do Club Natación Cerceda foi terceira no campionato do mundo defendendo as cores da selección española júnior de salvamento que tivo lugar en Montpellier (Francia) do día 18 ao 22 deste mes.

-¿Esperaba conseguir un resultado semellante?

-Non me esperaba a medalla e menos en 100 metros socorrista. A miña proba forte era a de 100 rescate con aletas, que partía co sétimo mellor tempo, con 1:02, e na que fun terceira tiña o noveno mellor tempo, con 1:06:67.

-¿Cómo resultou a proba?

-A primeira, a nadadora italiana, colleu unha lixeira diferenza. Despois, tres participantes tivemos opcións polos seguintes postos. Loitei pola medalla de prata e chegamos as dúas ao mesmo instante, pero a australiana tocou primeiro.

-¿Qué supón a medalla?

-Una gran ilusión por conseguir a primeira medalla nun mundial para unha deportista galega. Iso darame opción a solicitar praza para deportistas de alto nivel, co que terei opción a becas e algunhas vantaxes máis.

-¿Cambiará a vida de Inés?

-Para nada. Eu seguirei adestrando e competindo co Club Natación Cerceda. Está claro que anima moito máis a seguir traballando e mellorando para facelo o mellor posible.

-¿Sorprendeulle a recepción no aeroporto de Alvedro?

-A verdade é que si. Non esperaba tanta xente, con pancarta e todo. Foi una bonita sorpresa, gustoume moito.

-A súa proba forte ían ser os 100 metros con aletas.

-É certo. Pero na proba, que foi o día 21, o 20 conseguira a medalla, pois sufoqueime cando estaba mergullada e tiven que saír fóra a respirar. Perdín un tempo importante e impediume facer unhas mellores marcas.

-¿Estivo presente en máis competicións en Montpellier?

-Si. Fun sexta en sprint praia e duodécima, en bandeira a nivel individual. E tamén competín en cinco probas de relevos con cuartos, sexta, oitava e décimas posicións na xeral entre 22 países.