O xuvenil e o cadete do BBC clasifícanse para xogar na Liga Galega

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

09 sep 2014 . Actualizado a las 06:52 h.

Fin de semana estelar para a base do Liceo BBC-Cortegada, cos equipos cadete e xuvenil masculinos conquistando sendas prazas nas fases de clasificación para a Liga Galega en Fontecarmoa.

O cadro cadete accedera á fase como segundo de grupo logo de caer tan só co Peleteiro, por 9 puntos. Na fase definitiva había tres prazas en xogo para oito equipos. Tras vencer o sábado 73-83 o Culleredo, o cadro vilagarcián solventou o ascenso pola vía exprés superando 73-47 o Peleteiro.

Os júniores accederan á fase de clasificación para a Liga Galega como campións de grupo. Con cinco prazas para oito aspirantes, tamén acadaron o obxectivo á primeira, superando 70-43 o Cidade de Lugo.

O BBC Liceo-Cortegada xa tiña o cadro infantil masculino e o cadete e júnior femininos nas súas Ligas Galegas.