O Arousa abrirá a Liga o sábado, e o Ribadumia cambia a orde de campos co Bouzas

Vilagarcía / La Voz

VIGO CIUDAD

19 ago 2014 . Actualizado a las 06:58 h.

Inusual xornada de debú en Liga a que vivirán esta fin de semana os dous representantes do Salnés na Terceira. A petición do seu rival, o Arousa estrearáse o sábado, e non o domingo, no feudo do Racing Vilalbés. A hora de inicio do choque, as sete da tarde.

Media hora antes, pero o domingo, o Ribadumia fará o seu histórico debú na Terceira. O calendario ditaba que o fixera na Senra, pero como as obras alí non están inda rematadas, o club aurinegro conseguíu do Rápido de Bouzas cambiar a orde de campos no calendario, comezando en Vigo.

Respecto á pasada fin de semana o Ribadumia goleou 0-7 o J. Cambados no seu derradeiro partido de preparación, e o Vilalonga ofreceu unha grande imaxe ante o Choco de Terceira, derrotándoo 2-0.