As Torres gaña en promoción e remata terceiro tras o Cambados no káiak de mar

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

16 abr 2014 . Actualizado a las 06:54 h.

O As Torres-Romaría Vikinga foi, xunto co Náutico O Muíño, o nome propio da pasada fin de semana entre os clubs arousáns de piragüismo. O catoirense, polos seus dous podios por equipos, o de Ribadumia, por ser o único da zona en contar con representación en tres probas diferentes.

O domingo o As Torres gañou a segunda regata da Copa Galega de Promoción, disputada en Pontevedra. Sumou 3.707 puntos, polos 3.114 do Breogán. O N. Pontecesures foi quinto con 2.524, o N. O Muíño noveno con 1.766, décimo o P. A Illa con 1.676, o P. Cambados decimosexto con 972 e o Liceo Casino trixésimo terceiro e último con 162.

O mesmo día, en Rianxo, o P. Cambados rematou segundo con 266 puntos na terceira proba da Copa Galega de Káiak de Mar, co Ría de Aldán gañando con 322 e o As Torres terceiro con 158 seguido do P. A Illa con 152 e o O Muíño con 149. O Breogán foi sexto con 126, decimoterceiro o Pontecesures con 70 e decimocuarto o Liceo con 66. O Muíño competira o sábado en Gondomar na segunda regata da Liga Galega de Promoción de Eslálom; rematou quinto.