O CD Lugo estrenará próximamente novo himno

Antón Grande LUGO / LA VOZ

CDLUGO

Luciano Gorgoso y Manuel Pajón son os autores

22 ene 2013 . Actualizado a las 17:21 h.

O Club Deportivo Lugo tiña ata de agora dous himnos, un deles composto por Enrique Alvarellos no ano 1989 e outro máis recente, da autoría de Ángel Castelo, en 2009. Sin embargo, ambas cancións, feitas con cariño polos seus compositores, adoecían de ser demasiado longas nas letras e de difícil interpretación polos seareiros. Agora, o músico Manuel Pajón, na compaña do membro da directiva do equipo Luciano R. Gorgoso, rematan de compoñer un novo que semella ser máis doado, tanto na letra como musicalmente falando, de interpretar polos seguidores do equipo lucense.

«De momento -dí Manuel Pajón- é un himno oficioso porque ten que contar coa aquiescencia da afición e que o aprobe a directiva, pero ao que parece, gosta porque en internet xa houbo preto de cen entradas e toda a xente se mostra satisfeita, tanto coa música como coa letra».

A idea do novo himno xurdiu dun dos membros da directiva do club, Luciano Rodríguez Gorgoso, que lle pediu a Pajón a composición musical e mesmo participou, xunto co músico, na elaboración da letra.

Pola súa banda, Pajón plantexouse, ante o reto, facer unha letra curta, pegadiza, que se aprenda pronto e que teña unha voz que se repite noutros himnos de equipos de fútbol como é o estribillo, «lo, lo, lo?». Para a parte musical, o autor tirou dun dos temas seus, grabado co grupo Taranis e que se chama Nadal, que arreglou e simplificou, e que leva gaitas, bombo e palmas que é o que empregan os seareiros no campo. «Penso facer unhas partituras -comenta- para darllas aos gaiteiros e supoño que logo o club fará unhas octavillas para darllas aos afeccionados e que así aprendan a letra. Hai que quentar o campo, como fan os outros equipos».

Non é este o primeiro himno que compón Pajón xa que fixo outros como o de Larazo, de Vila de Cruces, que llo encargaran uns amigos deste pobo, ou o da Cuarta Compañía de Parga, que compuxo cando facía a mili neste campamento militar e que se seguiu cantando anos despois durante os desfiles deica a desaparición desta ubicación militar ubicada en Guitiriz.

Entre outros traballos, Pajón rematou recentemente unha obra sinfónica para o que pretende porse en contacto co director da Orquestra Sinfónica de Galicia. Así mesmo está recopilando temas compostos por el que non se editaron.

O himno pódese escoitar na web de La Voz, na dirección www.lavozdegalicia.es.