tribuna libre

A revista oficial do club

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Dende hai moito tempo milleiros de deportivistas estamos moi preocupados pola situación social do noso querido Deportivo a pesares do cal outros moitos están moi fachendosos de ser parte dunha afección cegamente exemplar que bate récords de asistencia e apoio o club, sen entrar a valorar a realidade do mesmo, entendendo erroneamente que ser crítico coa xestión social e deportiva do mesmo supón ser antideportivista. Diante da situación que nos manifestou a Directiva en Rolda de Prensa o pasado mes de novembro, non quixen manifestar o meu desacordo coa información recibida e aguantei a miña indignación, sobre todo cando o máximo responsable manifestou saber que o mellor para o club era acollerse a lei concursal pero que non o ía facer. Que eu saiba a primeira obriga dunha directiva é facer o mellor para o club e non o seu capricho. No último mes os resultados deportivos son desastrosos e non hai reacción por parte de ninguén, o único que se escoita é botarlle a culpa a axentes externos ao club. Hai uns días celebrouse a Farsa anual do Sta. Mª do Mar, onde só se escoitou máis do mesmo faltándolle gravemente o respecto a os accionistas e incumprindo as obrigas legais. ¿Cando se creará a comisión de control das delegacións dos accionistas que propuxen hai dous anos? O que xa motivou que escribise esta carta foi o recibir na miña casa a revista oficial RCD, que dende a páxina 8 ata a 19 non puiden ler debido a que o estómago se me remexeu. É unha revista moi ben presentada, cunha impresión moi boa, a todo color, papel satinado de primeira calidade e que nembargante ten un contido impresentable e impropio de calquera profesional que se queira chamar periodista. O que alí se escribe é impresentable e dá unha mostra da categoría humana de quen rexe o club e a dos seus colaboradores.

Alí pode verse ata onde pode levar a paranoia con afirmacións como que hai unha mente enfermiza que quere acabar co Deportivo (¿non sei por que, cando un dirixente e cuestionado, sempre desvía as críticas cara á entidade que representa? Se a Directiva é vítima de falsidades, ten todo o dereito do mundo a presentar unha denuncia no xulgado, pero non a insultar a quen denuncia publicamente as súas irregularidades. Para min é un misterio saber como algunha firma comercial pode financiar con publicidade unha revista como esta. Aproveito para dicir que non teño ningún tipo de relación persoal, laboral ni comercial co medio de comunicación insultado; o que si, estoulle moi agradecido por terme informado do que pasa dentro do club do que son accionista. Tamén a traveso de esta carta pública escuso a Directiva do club da obriga de mandarme máis esta revista, pois debido a súa gran calidade non ten ningún uso alternativo, e como non se pode ler?