«É unha oportunidade que non podía deixar escapar»

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

José Luis Lemos (Santiago, 1970) evita pronunciar a palabra ascenso cando fala desta nova etapa á fronte do Cerceda.

-Vaia sorpresa a súa fichaxe.

-O primeiro sorprendido fun eu, sobre todo despois do ano tan complicado que tiven nas Pontes. É unha oportunidade que non podía deixar escapar.

-¿Por que hai que loitar a vindeira campaña?

-Nun club coma este non se necesita dicir nada. O obxectivo é estar aí arriba. A entidade e o equipo así o esixen, dada a súa elevada competitividade e calidade. Son consciente de que hai crise e o fútbol non é unha excepción, pero co compromiso de todos conseguiremos estar onde nos corresponde.

-¿Ten xa cousas en mente?

-Sempre que chega un novo adestrador hai cambios, pasa en todos os equipos. O novo técnico busca xogadores do seu perfil, pero primeiro hai que ver o que temos na casa antes de decidir algo ao respecto.

-A directiva confía en vostede pese á mala campaña nas Pontes.

-É verdade. De feito, cando me chamou o presidente pregunteille que quería. Comentoume o seu proxecto para a vindeira campaña e pedinlle 48 horas. Respondinlle en 24. Pero tamén teño que dicir que o As Pontes sufriu o pasado ano por falla de pegada arriba, non polo xogo despregado. Houbo partidos que tiñamos que gañar. A dinámica derrotista fixo o resto.

-¿É consciente de que os adestradores duran máis ben pouco no Cerceda?

-Un cando chega non pode asegurar canto vai durar.

Uno que llega al banquillo del cerceda josé luis Lemos y otro que se va luis santiago