A Fundación Curros concede o premio Celanova, Casa dos Poetas á Corporación Hijos de Rivera

La Voz OURENSE / LA VOZ

CULTURA

cedida

O xurado salientou o seu compromiso con Galicia e a promoción da lingua e da cultura galega

23 jul 2017 . Actualizado a las 13:34 h.

O padroado da Fundación Curros Enríquez acordou onte conceder o premio Celanova, Casa dos Poetas á corporación Hijos de Rivera polo seu compromiso con Galicia e a promoción da lingua e da cultura galega e, ademais, pola súa implicación no desenvolvemento do medio rural con proxectos como o Mercado da Colleita. A Fundación Curros Enríquez leva trinta e tres anos promovendo unha convocatoria que, neste tempo, leva recoñecido ás figuras máis sobranceiras de Galicia, institucións e colectivos. Na decisión do padroado, que celebrou a súa xuntanza anual na casa de Curros, baséase a concesión do galardón na «contribución á divulgación de Galicia no mundo a través do seu principal produto, a cervexa Estrella Galicia, fai de seu que o nome da nosa terra sexa prestixiado e valorado como produto de calidade moito máis alá das nosas propias fronteiras».