Os actores lembrarán a María Casares coa proxección da súa entrevista con Soler Serrano

O encontro conta coa colaboración de RTVE, que cede a copia deste histórico espazo para un acto cuxa entrada será gratuita

Redacción / La Voz

A AAAG (asociación de actores de Galicia) lembrará á actriz María Casares cun programa de actividades paralelas organizadas con motivo da gala da 21.ª edición dos premios de teatro María Casares. A primeira -o próximo xoves ás 19.30 horas na biblioteca da casa-museo Casares Quiroga, na coruñesa rúa Panaderas, 12- será a proxección da entrevista que o xornalista Joaquín Soler Serrano lle fixo a María Casares no mítico programa A fondo de TVE. Tras o pase, desenvolverase un coloquio ao redor da figura da intérprete no que participarán a investigadora María Lopo, o dramaturgo Manuel Lourenzo e a actriz Mabel Rivera (vicepresidenta da AAAG). O encontro -moderado polo xornalista Alberto Ramos- conta coa colaboración de RTVE, que cede a copia deste histórico espazo para un acto cuxa entrada será gratuíta. A segunda actividade terá lugar o xoves 30 de marzo na sé do CGAI, que proxectará a película de Jean Cocteau Orfeo.

Votación
0 votos
Etiquetas
Premios María Casares
Comentarios