Grandes, Dina Salústio, Alex Susanna e Landa gañan os premios Rosalía de Castro

A entrega, que se celebrará o vindeiro dia 1 de outubro, xa ten confirmada a presenza de máis de 200 escritores

.

ourense / la voz 10/09/2016 17:17 h

O vindeiro día 1 de outubro terá lugar a entrega dos premios Rosalía de Castro, uns galardóns creados polo Centro PEN Galicia cuxos gañadores foron anunciados onte en Ourense no marco da presentación do 82 Congreso do PEN Internacional, que se celebrará na cidade entre os días 26 de setembro e 2 de outubro. O xurado acordou conceder os premios nesta undécima edición a Almudena Grandes (lingua castelá), á caboverdiana Dina Salústio (portugués), a Álex Susanna (catalán) e a Marisun Landa (lingua vasca).

O Congreso PEN Internacional foi presentado onte na Deputación de Ourense nun acto no que participou o presidente da institución coorganizadora, José Manuel Baltar, e Inma López Silva, Luís González Tosar e Xavier Castro, polo Centro PEN Galicia.

Congreso PEN Internacional

Segundo se anunciou onte por parte da organización do congreso, a cita, que será na Cidade da Cultura, xa ten confirmada a presenza de máis de 200 escritores de todo o mundo e entre os participantes destacan como convidados especiais Claudia Piñeiro, Nélida Piñón, Eric Lax, Laura García Lorca, Paco Audije, Adam Michnik, Rui Madeira, António Barroso ou Luis García Montero. Entre os galegos salientouse a presenza de Ferrín, Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Fernando Ramallo e Davide Salvado, entre outros. O lema da convocatoria é Tendendo pontes e o congreso incidirá de xeito especial na relación entre os países e literaturas da lusofonía.

 

Votación
0 votos
Comentarios