A Fundación Barrié recupera e dixitaliza material inédito do poeta

Redacción / La Voz

CULTURA

14 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Co gallo do Día das Letras, a Fundación Barrié recupera e dixitaliza material inédito de Manuel María, que queda disposto no Portal das Palabras, iniciativa compartida coa RAG para «a modernización do traballo lexicográfico e a popularización do léxico da lingua galega». A documentación componse de gravacións sonoras inéditas do poeta recitando os seus propios versos e os doutros autores, así como o audio da estrea en 1976 da obra As aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.