Unha iniciativa lexislativa pide máis difusión para Castelao

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Este martes entregáronse no Parlamento de Gaicia 11.000 sinaturas que apoian esta proposta

22 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A comisión xestora da iniciativa lexislativa popular que busca unha maior difusión para a obra de Castelao, entregou este martes no Parlamento de Galicia 11.000 sinaturas que apoian esta proposta. Galiza Cultura, que engloba a varias asociacións culturais, cre que o intelectual galeguista está «dobremente enterrado» e que nin o pobo o coñece o suficiente nin conta cos necesarios apoios dos poderes públicos. A iniciativa persegue que se aprecie e divulgue a obra de Castelao, tanto a pictórica como os seus textos literarios, ensaísticos e políticos. Os promotores lembran que moitos dos debates actuais xa están tratados en páxinas deste autor, e que a celebración no 2016 do centenario das Irmandades da Fala é unha boa ocasión para promover a figura de Castelao, para o que esperan contar co apoio dos deputados galegos.