O premio López Abente fai resoar a palabra do poeta en Muxía

A poetisa coruñesa Emma Pedreira recolleu o seu galardón

$tituloImg.Xosé Luís Vilela entrégalle o premio a Emma Pedreira.
Xosé Luís Vilela entrégalle o premio a Emma Pedreira.

12/07/2015 05:00 h

A figura e a obra do poeta muxián Gonzalo López Abente estivo máis presente ca nunca con motivo da entrega do premio que leva o seu nome, que nesta edición recolleu a poetisa coruñesa Emma Pedreira Lombardía de mans do director de La Voz, Xosé Luís Vilela. Ademais das intervencións da gañadora e dos integrantes da fundación, houbo unha actuación da coral Virxe da Barca, que interpretou a peza de Abente A pedra da Barca, musicada por Charo Vázquez.

Votación
1 votos