RAG: «O galego non é un problema, é unha riqueza que non podemos estragar»

Rodri García A CORUÑA

CULTURA

PACO RODRÍGUEZ

A RAG pide de  novo a derogación do Decreto do plurilingüismo de 2010 e di que os cambios lexislativos «non só tiveron resultados insatisfactorios, senón que supuxeron un retroceso evidente», mentras a Xunta dí que aopia do decumento da Academia.

31 ene 2015 . Actualizado a las 20:26 h.

Cinco académicos e o presidente da Real Academia Galega deron lectura este venres a unha declaración institucional sobre a situación do galego. «Non se pode demorar por máis tempo o momento de emprender iniciativas concretas con prazos precisos». Isto aseguran nun documento que conta co apoido de tódolos académicos numerarios da RAG, un texto que leva por título «O galego dá vida, pola vida do galego. Declaración institucional da Real Academia Galega». Alonso Montero detallou que o documento  está formado por un preámbulo, un decálogo e un epílogo. No primeiro deles indican que despois dos últimos datos publicados sobre o uso do galego este é un pronunciamento «ante a alarma que estes datos provocaron en amplos sectores da sociedade».

Fina Casalderrey deu lectura aos dous primeiros puntos, nos que se dí que «o sistema educativo é unha peza clave para garantir o porvir do galego». O punto catro do decálogo, lido por Margarita Ledo, di que as universidades galegas «están obrigadas a facer un esforzo a prol do galego na docencia e a fomentar as liñas de investigación en diversas áreas». Henrique Monteagudo deu lectura a dos puntos, cinco e seis, sobre o uso do galego nos distintos eidos da sociedade, facendo mención da Igresa, medios de comunicación, «empresas, sindicatos, colexios e colectivos profesionais».

Nos seguintes puntos, lidos por Xosé Luis Regueira e Manuel Rivas, os académicos consideran que a mellor garantía para a pervivencia do idioma «é a transmisión das xeracións maiores ás máis novas e o compromiso individual de cada un dos falantes no seu uso». Ademáis, en ningún caso a RAG vai declinar da súa obriga máis importante, que é a «defensa, ilustración e promoción da lingua galega» (art. 1º Estatutos).

Torres Queiruga leu o punto sobre a a necesidade de «un marco normativo máis axitado, pero sobre todo, un discurso renovado, positivo e proactivo». No epílogo, Alonso Montero rematou: «Ter un idioma propio, orixinal, único, impón a obriga moral e práctica de conservar ese herdo para nós e para toda a humanidade. O galego non é un problema, é unha riqueza que non podemos estragar. Longa vida á lingua galega!».

A Xunta pronunciose sobre o pronunciamento da RAG es asegura que comparte «a vontade expresada na declaración institucional dada a coñecer hoxe pola Real Academia Galega de garantir o futuro da lingua propia de Galicia e aposta por manter o seu compromiso para crear actitudes positivas cara ao galego». Tamén asegura «aposta por manter un compromiso firme para crear actitudes positivas cara ao idioma. Do mesmo xeito, manifesta o máximo respecto polo traballo que en prol do galego fan as distintas institucións recordando que a política lingüística que está a realizar a Xunta de Galicia parte do convencemento de que a lingua é útil en calquera ámbito e para o desempeño de todas as funcións sociais». Na mesma liña, defende o Decreto sobre o pluriligüísmo de 2010 e apunta que os dez puntos nos que se articula o texto da RAC «coinciden maioritariamente coa análise feita pola Administración autonómica respecto da situación do galego a partir dos datos que publicou recentemente o Instituto Galego de Estatística (IGE) e tamén coa necesidade de involucrar a toda a sociedade na mellora dos índices de uso como garantía do futuro da lingua».