Isto é mentira

Paula Martínez Vila

CULTURA

14 ago 2012 . Actualizado a las 10:12 h.

Chámome Xulio é lévome preguntando polas mentiras que contan na miña clase: por exemplo, Claudia di que ten 100 cans na finca dos seus avós. Eu creo que é mentira. Tamén, Luísa di que de mascota ten unha quenlla. Pero... eu creo que é mentira!

A miña avoa di que crea no que eu pense que exista ou que sexa verdade. Eu creo que ten razón a miña avoa. Pero creo que os avós ás veces contan mentiras.

Por exemplo, meu avó dixo que unha vez aparecera na praia unha tartaruga xigante e que ía todo o pobo encima dela. É mentira. Eu sei quen conta sempre a verdade: os meus pais. Acabei de pensar por hoxe. Acábome de levantar, voulle preguntar á miña profesora o que pensa sobre que os pais sempre contan a verdade:

?Ola Lola, unha pregunta: os pais son os que sempre contan a verdade?

?Non, os pais non sempre contan a verdade.

?Entonces, quen conta sempre a verdade?

?Ninguén conta sempre a verdade.

?É unha cousa moi rara.

?Tes que baixar, xa tocou o timbre do recreo.

Xa descubrín que ninguén conta sempre a verdade.

Agora voume comer o meu bocata de queixo.

Paula Martínez Vila ten 10 anos, gústalle ler e escribir e vive en Viveiro