«É un elemento vertebrador do noso país»

La Voz

CULTURA

07 feb 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Na súa primeira visita oficial á sede da Academia, o novo conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, estivo acompañado polo secretario xeral do departamento, Anxo Lorenzo. Segundo apuntou Vázquez, as relacións entre as dúas institucións «sempre foron cordiais», apuntou o conselleiro antes de manter unha xuntanza con varios académicos na que presentou as actuacións que ten previsto levar a cabo a Xunta de Galicia no 2012, coa colaboración de diferentes entidades e institucións para conmemorar o centenario do escritor Celso Emilio Ferreiro, indicaron fontes de Cultura. «Entendemos, valoramos moi positivamente e asumimos a importancia que ten a RAG como elemento vertebrador do noso país e polo tanto ten o noso agradecemento», asegurou Vázquez. «Somos coñecedores das necesidades e das súas circunstancias, dos problemas de espazo, da reestruturación e procuramos dar o maior apoio posible a Academia», engadiu. Os académicos deron conta a Vázquez e Lorenzo das actividades previstas para conmemorar os 50 anos do Día das Letras Galegas, así como para homenaxear a Valentín Paz Andrade, protagonista deste ano. «Hai que preparar unha batería de actos que non é o momento de contar», indicou Méndez Ferrín antes do encontro. A finais deste mes presentaranse o programa.