O CDG abre unha nova liña de libros con unha versión sobre «Salomé»

santiago / la voz

CULTURA

09 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A directora do CDG, Blanca Cendán, anunciou onte que Salomé. Os 7 veos abría unha nova colección de libros do Centro Dramático Galego que como «un obxecto coidado servisen para lembrar as obras».

O binomio Pepe Sendón (nas letras) e Fausto Isorna (no tratamento gráfico) é autor dun libro explicado como un «xoguete» no físico e como unha obra «paralela» á que o CDG puxo en escena. Sendón sinalou que no libro «hai unha visión do mito que pode ser considerada complementaria da escénica». Para Fausto Isorna, hai xogos «no deseño do libro, no uso de papel vexetal, nos collages, que responden a esas revelacións que ten o texto de Sendón sobre o de Wilde».