Editoras portuguesas presentan publicacións co léxico galego


santiago/la voz.

As empresas Porto Editora e Priberam Informática presentaron en Santiago materiais impresos e ferramentas informáticas que incorporan xa o léxico galego, xuntamente co da Comunidade de Países de Língua Portuguesa. O lanzamento aconteceu no segundo Seminário de Lexicologia da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP).

No acto participaron Evanildo Bechara, da Academia Brasileira de Letras; e Raul Rosado Fernandes e João Malaca Casteleiro, da Academia de Ciências de Lisboa. Este último anunciou que o primeiro Dicionário do Português Europeu , de próxima edición, recoñecerá igualmente a peculiaridade galega.

Outro orador foi Samuel Rego, do Instituto Camões, que difundiu a presenza internacional desta institución. Tamén se deu a coñecer un estudo que revela o crecemento de alumnado de portugués neste curso en Ourense e Pontevedra.

Martinho Montero Santalha, profesor da Universidade de Vigo e presidente da AGLP, afirma que a entidade xa é referencia no mundo lusófono «onde nos abren as portas e saben que poden contar con nós», indica.

Votación
6 votos
Etiquetas
Portugal Ourense ciudad Pontevedra ciudad Vigo ciudad Universidade de Vigo Comarca de Ourense Comarca de Vigo Comarca de Pontevedra