«Paguei cara a miña independencia», dicía o escritor no suplemento Culturas

La Voz

CULTURA

12 oct 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O suplemento Culturas publicaba o día 21 de xuño a última entrevista co escritor da que hoxe publicamos un extracto, e na que o autor de Os leopardos da lúa e A rocha dos proscritos reflexionaba sobre a súa vida e sobre a súa literatura. «A miña obra pode ter un certo prestixio entre algúns sectores -dicía-, pero non tivo éxito; paguei cara a miña independencia. Ademais, nunca fun deses que van pregoando por todas partes a súa mercadoría, e desde rapaz mostreime moi crítico cun medio cultural tremendamente caciquil».

Fonte tamén reflexionaba na entrevista sobre a súa obra. «Hai algunhas páxinas que non debería ter publicado. Pero en fin, o feito está aí. Sempre traballei co máximo nivel de esixencia, labrando co maior dos coidados cada frase. Con todo, non son un escritor profesional». O poeta de Pontedeume falaba tamén sobre o seu lugar na literatura do país. «Escribo en galego, máis tamén digo que as linguas nunca poden ser para restar. En todo isto hai moito fariseísmo. ¡Oxalá puidese escribir en castelán unha novela como La Regenta ! Quizais non teña tempo xa, pero eu non necesito nada», sinalaba.