«O reto será dar a coñecer A Coruña internacionalmente»

n. p., p. p A CORUÑA / LA VOZ

CULLEREDO

PACO RODRÍGUEZ

A nova xerente de Turismo foi presentada onte

22 jul 2016 . Actualizado a las 17:17 h.

Tras un longo proceso de selección que comezaba no mes de febreiro, o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou onte á nova xerente do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud (Santiago, 1970). Con experiencia no sector, dirixiu a Casa de Europa da Universidade de Santiago de Compostela. Nunha entrevista en Radio Voz recentemente asumido o cargo, Calatayud destacou entre os seus obxectivos reforzar a presenza da Coruña nos mercados turísticos internacionais. No seu período na oficina de Cursos Internacionais da USC foi investigada nun caso de falsificación de documentos dun alumno coreano. A causa foi arquivada sen que o xuíz apreciara delito algún.

-¿Como foi a súa presentación como nova xerente do consorcio de turismo?

-Pois a verdade é que foi moi ben, a xente que forma parte da xunta do goberno local deume unha benvida moi cálida, e sentínme moi cómoda.

-¿Por que decidiu optar a este posto como xerente do consorcio de turismo?

-Porque a miña carreira profesional foi enfocándose no tema do turismo en A Coruña. Ademais, sempre me pareceu que esta cidade ten un gran potencial a nivel turístico. É multiexperiencial e abarca case todos os segmentos do turismo que hai: o cultural, náutico, deportivo, conferencial, de compras... En xeral, paréceme un reto profesional moi grande e tamén moi interesante.

-¿Cales son os seus plans para situar mellor á cidade de A Coruña?

-O primeiro que quero facer é sentarme co sector turístico da cidade para saber que pensan, que falta na cidade e que tipo de turismo queren conseguir. Paréceme que é moi importante para remar todos na mesma dirección e perseguir os mesmos obxectivos. En segundo lugar, gustaríame situar A Coruña internacionalmente, ese será o reto. Creo que hai que traballar por conseguir máis prestixio internacional. Isto último sería una forma de eliminar esa estacionalidade da Coruña, de facer ver que é un lugar cunha oferta complementaria presente non só no verán, senón tamén no resto do ano.

-Os últimos responsables de turismo, tanto dende o punto de vista político coma xerencial, dedicaron moito tempo a falar coas compañías aéreas, ¿considera coma eles que Alvedro é fundamental?

-Alvedro é fundamental, pero non podemos esquecer que a coordinación da política aeroportuaria é unha competencia da Xunta. Polo tanto eu creo que nós coma cidade debemos loitar por conseguir un maior número de destinos. De feito, a min encantaríame que o noso aeroporto tivese algún destino internacional. É precisa traballo en conxunto ca Xunta.