Charla sobre María Mariño

La Voz

CULLEREDO

O BURGO | 21.00 HORAS

14 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Patricia Arias Cachero, autora dunha biografía de María Mariño falará hoxe sobre a escritora e o papel da muller nas letras dentro da Semana Cultural das Letras Galegas organizada pola Socio Cultural O Burgo. A charla terá lugar no local social, na rúa de Manuel Murguía, 1, con entrada libre. Mañá, a mesma hora, haberá unha tertulia recital sobre A muller na literatura galega e no noso ambiente, coordinada por Xesús Portas Ferro.