Luís Seoane lembra no Día das Letras o faladoiro coruñés con Villar Ponte

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

O artista relatou nas páxinas de La Voz, en 1977, os tempos vividos co escritor

17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Fomos amigos e contertulios no Café Galicia da Coruña durante anos, deica o seu pasamento. El a presidiu a cotío, após de xantar, dende que abandonara a do café Marineda logo de deixar a ORGA para ingresar no Partido Galeguista». Luís Seoane, artista afincado na Coruña desde o seu retorno do seu Bos Aires natal, relataba hai 40 anos nas páxinas de La Voz de Galicia os tempos compartidos con Antón Villar Ponte. En 1977 dedicóuselle o Día das Letras Galegas ao escritor e xornalista de Viveiro que fora un dos impulsores das Irmandades da Fala na Coruña.

Luís Seoane, coincidindo coa celebración, publicaba no suplemento dominical de La Voz de Galicia do 15 de maio de 1977 un amplo artigo lembrando aqueles tempos previos á Guerra Civil nos que comparten faladoiro no mítico café do Cantón, onde hoxe está Afundación. Acompaña o artigo cun espléndido debuxo de Villar Ponte. «O café Galicia -apunta Seoane- fora construído no seu interior con arranxo a planos feitos polo arquitecto Caride Mateo, e foi un dos primeiros exemplos que houbo nesta cidade de arquitectura nova nun interior». Seoane escribe, dous anos despois da súa morte en 1979, sobre aqueles tempos de charla con intelectuais e políticos galeguistas. Recorda un día do ano 34 no que os tertulianos felicítanse porque se presenta Anxel Casal con catro libros en galego que saíran do prelo o día anterior.