Manuela Varela: «Camus fala da loita do pobo francés contra a barbarie»

RODRI GARCÍA A CORUÑA

A CORUÑA CIUDAD

El viernes se estrena en el Ágora Cartas a un amigo alemán, protagonizada por la actriz coruñesa

19 nov 2015 . Actualizado a las 16:38 h.

Teatro Proscrito levaba tempo preparando Cartas a un amigo alemán, protagonizada por Manuela Varela. É un texto de Albert Camus con adaptación e dirección de Lino Baxe, que tamén interpreta a un dos personaxes. Sabela Hermida (responsable da compañía), Amalia Gómez, Xoán Carlos Mejuto completan o reparto. A música será de Brais Morán e a obra estrease mañá, venres, ás 20.30 horas, no Ágora. Manuela Varela encarna a Raquel, unha muller da resistencia francesa.

-A obra es moi actual, ¿non?

-Nós comezamos a falar desta obra no mes de maio. Queriamos facerlle unha homenaxe a resistencia europea no 70.º aniversario da fin da Segunda Guerra Mundial. As palabras de Camus facían referencia á loita do pobo francés contra a barbarie, contra os deuses, contra os tiranos.... O venres pasou o de París e o sábado cando comezamos a ensaiar para min foi moi impresionante porque todas esas palabras que estaba a dicir con tanta distancia de repente eran presentes.

-¿Despois de 70 anos?

-Si, palabras que dicían: nós creamos a República, os dereitos humanos, a liberdade de expresión e o que queremos é a intelixencia e a arte por riba da barbarie, por riba das místicas.

-Despois do Ágora, ¿seguirán representando esta obra?

-Estamos falando coa embaixada francesa e coa Alianza Francesa, para facelo na Coruña. Tiñamos falado de ir a Francia, non sei si será posible Tamén falamos co Concello de Donosti, que tiña a intención de facer unha homenaxe á resistencia europea e agora cobra todo o sentido.