O Inibic, acreditado polo Instituto Carlos III como centro de excelencia na investigación biomédica

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

O Sistema Nacional de Salud recoñece a calidade dos 27 grupos do instituto do Chuac e a UDC

22 abr 2015 . Actualizado a las 12:53 h.

A presidenta do Consello Reitor do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Rocío Mosquera, presidiu hoxe o acto de acreditación deste organismo como Instituto de Investigación Sanitaria do Sistema Nacional de Saúde. Rocío Mosquera, que durante o acto estivo acompañada polo director do Instituto Carlos III, Jesús Fernández, polo reitor da Universidade herculina e vicepresidente do Consello Reitor do INIBIC, Xosé Luis Armesto, e máis polo alcalde da Coruña, Carlos Negreira, o xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Francisco Vilanova, es os directores do Inibic, Francisco Blanco e José Manuel Vázquez, amosouse moi orgullosa deste recoñecemento e agradeceu «a todos os investigadores o seu bo facer, o seu esforzo e o seu indubidable talento». 

O Instituto, que está constituído mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de A Coruña  conta con 378 investigadores -dos que un 20% son investigadores principais, máis do 40% son investigadores clínicos e o 34% pertencen á universidade. A Presidente do seu Consello Reitor é a conselleira de Sanidade, e o Vicepresidente o Reitor da UDC, Xosé Luis Armesto. 

Estes investigadores organízanse en 27 grupos que forman as seis área de investigación que actualmente ten o INIBIC, e participan en nove estruturas colaborativas do Instituto de Saúde Carlos III, en catro redes galegas e nunha rede europea. Nos últimos tres anos, o INIBIC publicou arredor de 250 artigos científicos cada ano, e está a conseguir proxecto de ámbito nacional e internacional. 

Estes son algúns dos indicadores de actividade e producción que permitiron a súa acreditación por parte do Instituto de Saúde Carlos III, pasando a formar parte dos 27 institutos acreditados a nivel nacional. Ademais, a inclusión desta rede permitirá a internaciolización do instituto xunto a outros centros mundiales de referencia, a innovación, e a creación dunha organización de investigación traslacional. 

Importancia desta acreditación

O INIBIC leva traballando varios anos para acadar este recoñecemento, que é como  unha marca de calidade, pois significa que o Ministerio de Economía e Competitividade, tras unha avaliación concienciuda e presencial realizada polo Instituto de Salud Carlos III, acredita a excelencia científica, estrutural e organizativa do instituto.

Así, a finalidade dos institutos de investigación sanitara é desenvolver e integrar harmonicamente a investigación básica, clínica e de saúde pública, potenciando a investigación translacional cunha mellor transferencia dos avances científicos obtidos na prevención e tratamento dos problemas de saúde máis frecuentes. No que se refire á captación de recursos, a marca de calidade que implica a acreditación sen dúbida repercutiría positivamente na captación de recursos destinados a investigación e innovación. Ademais, a integración dos distintos tipos de investigación permitirá acurtar o intervalo transcorrido entre a produción dun novo coñecemento (eficacia) e a súa transferencia e aplicabilidade real (efectividade e eficiencia) na práctica médica.

Rocío Mosquera considera claves e estratéxicos para o presente e o futuro da investigación e a innovación no sistema sanitario os tres institutos de investigación (da Coruña, Santiago e Vigo), xa que potencian a incorporación do coñecemento á práctica asistencial. Nesta liña, lembrou que a investigación sanitaria é un elemento necesario para o éxito de calquera estratexia que se propoña mellorar a saúde da cidadanía. Ademais, a integración da investigación coa práctica clínica garante unha maior calidade dos servizos de saúde e unha mellor e máis rápida implantación dos avances científicos na prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades. 

A presidenta do Consello Reitor do INIBIC dixo que a iniciativa de asociar os hospitais docentes e investigadores do Sistema Nacional de Saúde coas universidades e outros centros públicos e privados de investigación permite acadar, de modo efectivo, o obxectivo xeral dos institutos de investigación sanitaria, que é que todo o coñecemento xerado a partir da investigación biomédica de excelencia se traduza no tratamento e prevención de enfermidades e na mellora da saúde e calidade de vida da poboación.