Siro López homenaxea en Biblos a Carlos Casares

La Voz

BETANZOS

.

A partir das oito da tarde, en Betanzos

23 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Entrada libre • Libraría Biblos • Continúan os actos arredor da figura de Carlos Casares, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Neste caso é o humorista gráfico Siro López quen falará do autor de Ilustrísima esta tarde na libraría Biblos de Betanzos. Mañá fará o propio en Ourense e para o próximo luns estará na Fundación Rodríguez Iglesias, antes de partir cara a Madrid, onde ofrecerá unha conferencia sobre Casares o día 31.