As palabras de Manuel María volven a resoar na súa cidade

La Voz

BETANZOS

<span lang= gl >Manuel María, que sempre estivo moi vinculado á cidade, na torre de Hércules</span>
Manuel María, que sempre estivo moi vinculado á cidade, na torre de Hércules . E. Eiroa< / span>

Na praza de María Pita haberá este mediodía unha lectura pública de textos do poeta

17 may 2016 . Actualizado a las 14:01 h.

Os textos e as palabras de Manuel María volverán a escoitarse hoxe na cidade e en moitos lugares da comarca. Baixo o lema Pregoa a voz!, no balcón do pazo de María Pita empezará ás 12.00 horas unha lectura pública de textos do poeta. «Con actividades coma esta desbotamos os tópicos que existen sobre o uso da lingua na cidade da Coruña», dicía o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. Esta lectura pública está aberta a tódalas persoas que desexen participar inscribíndose, de xeito gratuíto, no teléfono 010.

  

Ágora

«Xente miúda, moita fartura»

Hoxe???11.00 e 12.30 horas???Entradas: 6 euros, abono familiar: 15???Dentro da programación do ciclo Bebescena, hoxe hai unha dobre función no centro cultural Ágora do espectáculo Xente miúda, moita fartura, do músico Pablo Díaz, un traballo no que participan artistas como Olga Kirk e Xabier Díaz.

Culleredo

Feira de artesanía no Burgo

Hoxe??Praza Europa de O Burgo???De 12.00 a 20.00 horas??Corenta artesáns participan hoxe no Burgo na Feira de Artesanía coa que o Concello de Culleredo celebra o Día das Letras Galegas. Ás 12.30 horas actuarán os grupos folclóricos Catalmibre e Ancoradoira. Ás 12.00, 14.00, 16.00 e 20.00 horas haberá actividades para os máis pequenos e ás 16.30 e 19.30 horas haberá talleres circenses ofrecidos por O Circo de Piter e actuará o mago Dani.

Oleiros

Caderno didáctico

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello repartiu entre o alumnado e as entidades municipais un caderno didáctico de Manuel María elaborado por lo profesorado do IES María Casares. Ademais, hoxe, ás 17.00 horas na Casa do Pobo de Nós, actuarán Os Rueiriños, a coral Airinos de Nós e representarase a obra teatral A súa vida, por Estíbaliz Veiga e Xosé Leis.

Betanzos

Concurso de carteis e espectáculo infantil

Hoxe???Edificio Liceo??12.00 horas???A sala Xulio Cuns do edificio Liceo acollerá hoxe, a mediodía, o acto de entrega dos premios do VII Concurso de Carteis das Letras Galegas e o VI Concurso de Creación Literaria que organiza o Concello de Betanzos. Despois da entrega dos galardóns, terá lugar o espectáculo Carteiro en bicicleta, para o público infantil, a cargo de Caxoto Contacontos.

Casino Sporting

Ballet e lectura de poemas

Hoxe??Casino???20.00 horas???A celebración das Letras Galegas terá lugar coa actuación de Balet Bainga, a coral polifónica do Casino e a lectura de poemas por parte de un grupo de persoas.