La feria dedicada al queso reunirá a 20 productoras de la comarca

La Voz LA VOZ | A CORUÑA

BETANZOS

07 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

O alcalde de Abegondo, Juan José Rocha, presentou a edición número oito da Feira do Queixo de Abegondo, que se celebrará o próximo domingo 11, a partir das 9 da mañá no Campo de San Marcos. O rexidor explicou que se reunirán 20 productoras de de Abegondo e dos concellos limítrofes, como Carral, Oza dos Ríos, Betanzos, Curtis, Ordes e Mesía e que se porán a venta máis de medio milleiro de pezas dun kilo cada unha. Concurso Os visitantes poderán degustar o queixo de e despois votar nunha urna polo que lles guste máis. As tres queixeiras que acaden máis votos serán as premiadas a través da propia valoración do público. Fontes da organización resaltaron que o queixo de Abegondo ten unhas características moi similares ao que se elabora baixo o amparo da denominación Arzúa Ulloa.