40 anos a prol da cultura galega

La Voz

ARTEIXO

Isabel Risco e César Cambeiro guiarán a festa con Alberte Núñez, Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Paso de Valverde

19 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Teatro Rosalía de Castro • Entrada libre e gratuíta • Non é preciso retirar invitación nin mercar entrada. De balde será a gran festa do corenta aniversario da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, que hoxe mesmo, a partir das oito do serán, abre as portas do Teatro Rosalía de Castro de balde a todos os que queiran celebrar catro décadas en defensa da «cultura galega feita en Galicia», como resumiu onte Xosé Manuel Sánchez Rei, presidente da entidade.

 Isabel Risco, que conducirá con César Cambeiro unha gala na que non faltará a risa, considera «unha honra» presentar unha xuntanza de aniversario dunha entidade «que empezou nunha época moi complexa e se mantivo ata hoxe coa mesma filosofía e autenticidade, moitas veces coa corrente en contra», sinalou.

Sobre o escenario do Rosalía darán mostras do seu saber facer os membros do grupo de teatro Paso de Valverde de Arteixo, que presentarán pezas de Sánatos e de seguido o público poderá desfrutar do acordeón de Alberte Núñez e dun concerto de Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre.