As librarías continúan coas homenaxes a Carlos Casares

La Voz

A CORUÑA

20 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro dos actos das Letras Galegas, a libraría Suevia acolle un contacontos sobre o personaxe creado por Carlos Casares, Toribio, ás 12.00 horas, e Cascanueces terá ás 12.30 o obradoiro infantil o As cousas que importan. Couceiro celebra a xornada coa música de Clarinets Winds ao mediodía e Berbiriana terá a Félix Arias musicando textos de Casares dende ás 13.30. Chus Otero estará na libraría Moito Conto falando do autor ás 12.00, xunto aos Ratos de Lonxedetodo. E á mesma hora en Lume haberá unha actuación de Os contos de Pablísimo.